| |
| Traducións |
|
|
-
Se
a súa empresa precisa dun bo servizo de traducions,
CasaEscritura pode fornecerllo, porque contamos cunha
ampla rede de tradutores nativos que comprenden practicamente
todas as linguas e practicamente todas as especialidades:
Economía, Dereito, Medicina, Márquetin son
só unha mostra diso.
|
-
O noso
equipo, formado por expertos en cada materia, halle garantir
en todo momento o mellor resultado posíbel en todas
as traducións ou revistas que vostede decida confiarnos.
Adoitamos
traballar a través da internet (por medio do correo electrónico
ou dun sistema FTP para enviar ou recibir os documentos que sexan
precisos), deste xeito, podemos traballar rapidamente con calquera
cidade española ou estranxeira.
Somos especialistas
en todas aquelas traducións que teñen coma lingua
de orixe ou destino o español. De feito, as principais
combinacións lingüísticas con que temos máis
suceso son:
Do
inglés, francés, alemán, italiano ou portugués
para o español e viceversa.
Do catalán (e/ou valenciano), galego ou
éuscaro para o español e viceversa.
Así
e todo, para outras necesidades idiomáticas (como poden
ser polaco, tcheco, búlgaro, holandés, ruso...),
non dubide en pórse en contacto connosco.
Ofrecerémoslle información pormenorizada o antes
posíbel.
A nosa clientela
é ben variada, de feito comprende desde institucións
públicas ou privadas, axencias de traducions, empresas
de deseño gráfico, axencias de publicidade, editoras
e revistas até particulares ou outro xénero de profesionais.
Finalmente,
só queremos engadir que todas as traducións que realizamos
desde calquera lingua para o español inclúen arestora
unha promoción especial que consiste nunha corrección
de estilo gratuíta. Non o dubide: chame ou escriba a CasaEscritura
e deixe que nós nos ocupemos de todo
-
|
|